Parroquia de San Isidro de Posmarcos
Nome antigo na secular xurisdición eclesiástica, representada xa no Concilio de Lugo do ano 569, celebrado baixo a dominación dos Suevos, nos dominios do Rei Teodomiro e baixo a súa protección.
Nesa época, Postmarcos pertencía a dioceses de Iria Flavia.
Situada o noroeste da Pobra do Caramiñal, da que se encontra separada po lo río das Pedras, está situada nunha campiña montañosa da serra do Barbanza, con un gran anaco de ribeira, desde o Conchido hasta a praia dos Raposiños.
Ante as depredacións dos piratas Ingleses durante o século XII, loitaron con bravío as naves Galegas reforzadas espontaneamente po los mariñeiros, liandose en dramáticas contendas, destacando po lo seu coraxe e arroxo os homes das terras de Postmarcos).