Natureza en San Isidro de Posmarcos

Esta e a serra do vento mareiro, dos pinos sempre verdes, os toxos espiñentos con flores amarelas, o manto amarelo e branco das flores dos xestais, que xunto coas silveiras das amoras, cubil do paxaro cando chove para meter o rabo, as carballeiras de vellos e fortes arbores landreiras, os soutos de castiñeiros, cos espiñosos ourizos protexendo as castañas, os loureiros coas follas verdes e duras, adobadoras cotiás, ameneiros e salgueiros que escoltan os nosos ríos no seu longo descorrer, forman parte xunto (coa choiva que non pode faltar na nosa querida Galicia ) do marabilloso paisaxe do Barbanza.
Este fermoso paraxe conserva os vestixios mais intimistas de un paisaxe salvaxe no que a natureza fúndese coas tradicións mais ancestrais.
Pode que igual que ai unha xustiza poética, aia unha xustiza óptica, paisaxística e estética, que algunha sorte de compaixón e piedade das alturas permita contemplar esta fermosura de terras a quen nunca viron en vida, dándolle con largueza a oportunidade de un éxtases que lles permita ficar en paz consigo mesmo e a salvo moi probablemente, de todo e calquera malestar que este mundo lle brindara.
Curiosa, singular, chocante e única, romaría da Guadalupe, do visible e do invisible, do relixioso  o gastronómico e folclórico, na que os romeiros, loitadores na defensa das tradicións das romarías galegas, estas manifestacións lúdicas da nosa cultura que hai que coidar e preservar, para que as futuras xeracións saiban valora-las tradicións e teñan un bagaxe de coñecemento sobre as costumes que fan posible vivir en comunidade.
A sabendas das inquedanza e loita por unha das maiores fortunas do home, a de expresar libremente o seu espírito. Sen dubida, as mais evidentes manifestacións do espírito é, para a gran maioría dos homes, a destas romaxes, que acollen, relixión, cultura, folclore e gastronomía. Unha das zonas do mundo onde a necesidade de evidenciar diante dun mesmo e diante de toda a comunidade esa inquedanza é xustamente aquí. Desde sempre o galego sentiu a necesidade  espiritual como un sentimento non só intimo, senón tamén compartido.
Froito desa forma solidaria e aberta de entender o impulso relixioso é, a gran afluencia de persoas que cada ano acoden a esta romaría. Nela o galego goza do corazón compartido, o seu sentimento relixioso, a súa fe, as súas penas e alegrías, a súa sabedoría para facer perfectamente compatibles o afán espiritual cos momentos para a festa e a amizade.
É un dos mais significativos exemplos dese xeito galego de entender o sentimento compartido a romaría da Virxe da Guadalupe, nos Casás, interesante querida e compartida por xente de todo o Barbanza.
Grazas o esforzo de persoas coma vostedes,a xente pode gozar dos actos relixiosos, gastronómicos, culturais e folclóricos que definen a festa, contribuíndo deste xeito a reforza-los lazos de unión entre os membros da colectividade.Arredor a lenda foron medrando unha serie de curiosos mitos que ateñen as romarías Galegas. Aquí no santuario da Guadalupe, cúmprense todos os desexos. Solo ai que seguir uns rituais básicos e sinxelos. Para comezar, e necesario o seguinte paso, beber dos dous caños da fonte de auga con un desexo na mente E costume tamén botar no Pío da Santa unha  moeda, si se fai con fe todo isto, o desexo está asegurado. Se non mala cousa..
Se quere ser participe deste espírito festivo e animar a todos a seguir poñendo en valor tradicións coma esta, que integran o "ser" cultural e cívico da nosa terra. Pregamos e agradecemos a súa participación. Neste día de lecer.