Historia da Parroquia de San Isidro de Posmarcos

Presamarcos ou Prestamarcos, A mais antiga das Tribos Celtas da que se ten Coñecemento.

Os Presamarcos poboaban as terras da península do BARBANZA  ,limite boreal da ría de Arousa e meridional da ría de Noia, entre o Ulla e o Tambre non ofrece a mais pequena dúbida, que a tribo en cuestión  debía espallarse terra dentro polos montes do Confurco ata os dominios dos Nerios alá polos arredores do cabo Fisterra, e do treito deica tinguir a beira esquerda do Tambre e a dereita do Sar ata os dominios dos Cilenos ou Celenos que poboaban as  terras de caldas de Reis a Estrada e o val do Deza.
Na Barbanza , e como lembranza dos seus antigos poboadores, existe unha freguesía  que figura no Mapa de Galicia de Fontán  co nome de Postmarcos, e que se olla designada Postmarcos nos estratos das actas do concilio de Lugo do 569, e Pistomarcos no Cronicón Iriense.

A Croa, Poboado celta do século V- II  A.d C.

A sentado  no olimpo celta da serra do Barbanza, pertencente a o  lugar de  San Isidoro de Postmarcos  concello da Pobra do Caramiñal.
Poboado  ben defendido e fortificado aproveitando o alto do monte da Croa, estrema po lo norte e este, co  río Lerez, e polo  sur e oeste po las praderías que forman os agros de Santo Isidoro e o Pumadiño, sitios  que os celtas utilizaban para realizar as súas actividades de agricultura e gandería.
Créese que os Celtas desembarcaron na dársena da Pobra do Caramiñal (onde realizaban as súas faenas  de pesca)  e foron subindo po la desembocadura do río Lerez dende o lugar dos Raposiños, A Crocha, Batan, Rego de Orta, Río do Crego, A Caniza Agro do Río, e asentáronse na Croa.
A caza  realizábana na  serra do Barbanza, zoas de Chan de Po, Pedra da Mo, Salgueiro, Pedregal, Laxe Negra, Sete Fontes, Canteira da Ponte, Cova das Perdices, O Pouso, A Portela, Carboeiro, Chan da Recosta, Canle da Estivada, etc.

Lenda

Conta a lenda que  este poboado estaba gobernado  por un rei con absoluto poder sobre a súa numerosa familia  e moi mal carácter sobre os seus súbditos.
Este rei tiña unha filla moi fermosa pretendida  por varios nobres tanto deste poboado coma de outros da zona.de Ribeira, Baroña do Porto do Son. Boiro etc.
Esta filla estaba prendida dun  escravo  campesiño, cousa que chegou a coñecemento do pai e ordenou o sacrificio do campesiño no alto do monte como culto os deuses Mercurio, Apolo, Vulcano  Minerva.
Ela totalmente abatida  desconsolada,   morre de amor e pena po la perda da persoa amada.
O pai como castigo po la súa desobediencia mandou arroxar os seus restos a o río, desta maneira a non ser soterrada cos ritos do seu pobo, a súa alma pena entre os restos do poboado.
Os deuses  anoxáronse e castigaron a o rei coa  destrución do seu pobo, tras numerosas loitas e a desaparición total do poboado engulido po la montaña.
Contan os mais vellos do lugar  que nas noites de lúa chea a  media noite o río  detense para escoitar os choros da princesa, que as noites de moita calor, apaga a sede da súa esnaquizada gorxa na fonte VELEIRA, e aduza a súa amargura coa mel da ALVARIZA situada a poucos metros do lugar.
Tamén din que durante as noites o seu namorado pena po los campos próximos nos que el traballaba a cotío , chorando de pena e dor en busca da  súa amada.